Marisa Castro presenta a súa segunda novela «Soño de liberdade», este sábado en Follas Novas
O próximo sábado 22 de novembro, a escritora Marisa Castro estará na librería Follas Novas de Santiago para presentar a súa novela Soño de liberdade. Durante o acto, a autora estará acompañada polo naturalista e ornitólogo Xosé Manuel Penas Patiño.



