O cartel do festival neste 2024 conta con 40 destacados artistas e grupos nacionais e internacionais como Green Day, Thirty Seconds To Mars, J Balvin, Pet Shop Boys, Myke Towers, Melendi, Rels B, Tom Odell, Ana Mena ou La Oreja De Van Gogh, entre outros..
Este ano, a organización estrea Son Electro, un terceiro escenario temático dedicado á música electrónica de nivel mundial, con artistas como Trym, Vitalic, Patrick Mason e Tiga, entre outros.
O Son Do Camiño consolídase como un dos festivais máis importantes de España e Europa, promovendo a cultura musical galega e situando a Santiago de Compostela como un referente na música en directo.

Ademias, o barrio de Conxo celebrará os días 24, 25 e 26 de maio a Festa do Banquete, destacando o Mercado do Libro na praza Aurelio Aguirre e a romaría popular no domingo 26, coas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e actuacións musicais. O evento busca promover a fraternidade, liberdade e igualdade, coa participación activa da comunidade compostelana.