ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

Lousame abre as inscricións no «Lousame Concilia» de Nadal, Entroido e Semana Santa

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de noviembre de 2023 a las 10:27

Compartir
  • A inscrición deberá formalizarse nos Servizos Sociais de Lousame entre o 21 e o 27 de novembro

20 de novembro de 2022.- O Concello de Lousame abre este martes 21 de novembro o prazo de inscrición no “Lousame Concilia”, un programa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. O Concello de Lousame ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame entre o 21 e o 27 de novembro.

O “Lousame Concilia” é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos que ten lugar durante os días laborables dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para os próximos tres períodos vacacionais: Nadal (9 días: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro; e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024), Entroido (3 días: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024) e Semana Santa (4 días: 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024).

Para anotarse, as familias só terán que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude (que poden descargar da web do Concello), unha declaración xurada de residencia efectiva e acreditable en Lousame e presentar a última nómina ou recibo de persoas autónomas para acreditar a situación laboral. As familias monoparentais deberán achegar tamén certificado emitido pola Xunta de Galicia. Os ingresos mensuais da unidade familiar non deberán superar os 3.495,96 €/mes (4.020,35 €/mes no caos de familia monoparental ou numerosa).

Así mesmo, dende Servizos Sociais lembran que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao “Lousame Concilia” en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Máis información na Concellería de Igualdade: 981 820 494 ou 689 126 385. “Lousame Concilia” é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.

Etiquetas

lousame
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O alcalde de Lousame suprime as achegas aos grupos políticos
Comarca

O alcalde de Lousame suprime as achegas aos grupos políticos

Lousame aproba a súa nova organización municipal, con 3 dedicacións parciais e abaratando custos
Comarca

Lousame aproba a súa nova organización municipal, con 3 dedicacións parciais e abaratando custos

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame
Comarca

Esteban Ares García toma posesión como alcalde de Lousame

Teresa Villaverde dimite como alcaldesa de Lousame por motivos «estritamente persoais»
Actualidad

Teresa Villaverde dimite como alcaldesa de Lousame por motivos «estritamente persoais»