Ingresada no CHUS tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina para facer chourizos
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: a unha muller quedáralle unha man atrapada por unha máquina para facer chourizos. Ocorreu este luns minutos despois das 16:30 horas nunha vivenda de Reboredo, en Taboada (Silleda).