Indignación en Noia polo vandalismo na Piscina Municipal e no Campo Julio Mato
A pasada madrugada, as instalacións deportivas da Piscina Municipal e do Campo de Fútbol Julio Mato sufriron diversos danos provocados por actos vandálicos. Alguén accedeu aos recintos e causou desperfectos sen motivo aparente, demostrando unha total falta de respecto polos bens comúns.

