Gonzalo Muíños sobre a reelección de Sánchez: “Son catro anos máis de progreso, tamén para Santiago”
Líder Redacción
17 de noviembre de 2023 a las 16:10
Líder Redacción
17 de noviembre de 2023 a las 16:10
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023.- Coincidindo coa promesa do seu cargo como Presidente, o portavoz dos socialistas en Raxoi reivindicou o compromiso de Pedro Sánchez con Santiago e asegurou que a axenda galega e a compostelá “seguirán estando entre as prioridades do goberno do Estado”.
Un novo Xulgado de Violencia de Xénero “para axilizar trámites e reducir prazos” ou o incremento de financiación destinada ao Consorcio e axudas á rehabilitación de vivendas, son algunhas das medidas que destacou Gonzalo Muíños que demostran o “o compromiso real” de Sánchez con Santiago.
“Tamén abaratando a autopista da AP-9 ou rematando a Autovía Santiago-Lugo” explicou o edil socialista que destacou ademais o incremento da aportación do Estado á depuradora da Silvouta “mentres a Xunta segue dando largas”: “son catro anos de progreso, tamén para Santiago” insistiu.
Muíños puxo en valor ademais o traballo feito durante estes anos, coa Intermodal, o enlace orbital coa AP-9 e a xestión dos fondos europeos para a reurbanización de Amor Ruibal, rehabilitación dos polideportivos de Vite e Santa Isabel ou a plataforma de reparto de mercadorías no casco histórico: “actuacións que buscan a transformación da nosa cidade”.
Recibe las noticias en tu correo.