ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Frades aproba uns orzamentos de 2,49M€ e incrementan nun 8% a inversión en servizos para a veciñanza

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de marzo de 2025 a las 20:37

Compartir
  • O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, salienta que “son uns orzamentos que buscan ofrecer máis e mellores servizos a unha poboación envellecida, uns servizos nos que Frades é todo un referente a nivel provincial”

27 de marzo de 2025.- O Pleno de Frades aprobou esta mañá os Orzamentos para 2025, que ascenden a 2.498.641,56 euros e medran un 4,36% con respecto ao ano 2024. Unhas contas que “garanten a eficacia e a eficiencia do sistema municipal, co obxectivo de ser unha entidade solvente e ben xestionada que lle ofreza os mellores servizos aos seus veciños e veciñas”, asegurou o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen destacou que os Orzamentos de 2025 “son equilibradas e incrementan o gasto social”. As contas saíron adiante e sen debate ningún cos votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as abstencións de PSOE e BNG.

Roberto Rey presentou unhas contas das que destacou o seu forte carácter social. Neste sentido, puxo en valor o incremento dun 8% nas partidas destinadas a gasto social, subvencións a asociacións do municipio, casas niño, casas do maior, emerxencia social e, especialmente aos servizos de axuda no fogar que o Concello de Frades presta a través da Mancomunidade de Municipios de Ordes. Así, en 2025 o Concello de Frades achegará máis de 395.000 para a prestación do servizo de axuda a domicilio, nas modalidades de libre concorrencia como de dependencia, atención temperá, igualdade, CIM, traballo social…

O alcalde de Frades puxo en valor o traballo que se realiza dende a Mancomunidade xa que “tal e como está agora o tema da dependencia, hoxe en día sería difícil atopar xente que quixera vir a traballar a Frades. Hai concellos que están tendo serios problemas para poder prestar o servizo porque non atopan profesionais nin empresas dispostas. Ao compartir a prestación do servizo a través da Mancomunidade, a maioría é xente de Ordes á que non lle importa vir traballar a Frades”.

Por outra banda, o capítulo de bens correntes sitúase nos 1.095.000 euros, un 6,8% máis co ano anterior, e representa o 43,84% do gasto total. Uns cartos que permitirán financiar os costes de servizos como a recollida de lixo, saneamento, abastecemento de auga, alumeado público, mantemento de áreas públicas, roza de estradas, mantemento de camiños municipais, actividades deportivas, culturais e a financiación dos Servizos Sociais de Frades, entre os que se inclúen fisioterapia, podoloxía e perruquería gratuítas a domicilio para as persoas maiores e dependentes. Neste sentido, o concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, salienta que “son uns orzamentos que buscan ofrecer máis e mellores servizos a unha poboación envellecida, uns servizos nos que Frades é todo un referente a nivel provincial”.

Investimentos

O capítulo de investimentos reais ascende este ano a 334.516 euros, onde destacan os 273.916,59 euros destinados a dous proxectos: “Mellora de accesos ao punto limpo de Frades e outros” (181.496,06 euros) e “Melloras nos accesos na Igrexa (Moar) e outros” (92.420,53 euros), que inclúen un total de nove actuacións nas distintas parroquias do municipio.

O primeiro dos proxectos inclúe a mellora dos accesos ao punto limpo de Frades (Céltigos) e á localidade de Caboladrón (Mesos), así como melloras no aparcadoiro do CPI de Ponte Carreira (Gafoi). Así mesmo, mellorarase o entronque coa estrada DP-3802 en Aiazo e a pista de O Pazo a Vistalegre (Galegos). O segundo proxecto destínase integramente á mellora de accesos a núcleos, concretamente os de Igrexa (Moar), Quintá (Papucín), Augasantas-Aboi (Céltigos) e Os Loureiros (Vitre).

O alcalde de Frades explicou que non se incluíu nos Orzamentos de 2025 o Plan Complementario, por 270.001,38 euros, xa que “aínda non está aprobado e haberá que engadir outras subvencións solicitadas pero aínda non concedidas polo que na liquidación das contas agardamos que o nivel de investimentos sexa igual ou superior ao de anos anteriores”. O Plan Complementario inclúe dous proxectos: “Mellora da pista de Fondevila ao Cabezo (Abellá) e outros” (163.889,53 euros) e “Pista da Igrexa a Devesa (Aiazo) e outro” (106.111.87 euros).

O primeiro proxecto inclúe a mellora dos accesos ás localidades de Taberna (Abellá), á área recreativa Os Pasos (Aiazo), Añá de Meus (Añá), Sibío (Gafoi), Reboredo (Galegos) e Barazón (Moar). Así mesmo, contémplanse melloras nas pistas de Fondevila ao Cabezo e do Castro a Pumariño, ambas as dúas na parroquia de Abellá. Finalmente, o segundo proxecto inclúe melloras en dúas pistas: da Igrexa a Devesa (Aiazo) e do Prazo á AC-524 (Papucín e Abellá).

Non incremento de taxas

Finalmente, os gastos de persoal medran ata os 605.402 euros, xa que inclúen as actualizacións dos salarios establecida para este ano. E no capítulo de amortización de débeda, o Concello de Frades destinará 11.000 euros a amortizar o préstamo para a construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira e 96.676 euros para o PAI da Deputación Provincial.

No que atinxe aos ingresos, o alcalde explicou que “manteremos as bonificacións do 95% da cota íntegra do IBI naqueles inmobles onde se desenvolvan exclusivamente actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario. Deste modo, o Concello renuncia a 30.000 euros de ingresos que quedan nos petos dos nosos gandeiros e gandeiras”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As previsións de ingresos por taxas municipais é de 302.761 euros, un 15% máis co ano anterior debido principalmente á mellora da eficiencia recadatoria ao actualizar a base de datos. No caso dos impostos directos (IBI, IAE e Vehículos), ascende a 434.679 euros, un 2,2% máis debido ás actualizacións dos valores catastrais. Finamente, mantéñense os 30.000 euros de ingresos por impostos indirectos.

Etiquetas

fradesorzamentos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia
Deportes

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera
Comarca

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera

De non apoiar os orzamentos ao si en só 24 horas: o cambio de criterio das non adscritas xera críticas
Actualidad

De non apoiar os orzamentos ao si en só 24 horas: o cambio de criterio das non adscritas xera críticas

Os socialistas de Santiago absteranse nos Orzamentos de 2026 por ser «pouco realistas»
Actualidad

Os socialistas de Santiago absteranse nos Orzamentos de 2026 por ser «pouco realistas»