Falece tras envorcar o tractor que manexaba nunha finca de Outes
Líder Redacción
27 de diciembre de 2023 a las 15:13
Ocorreu este mércores nunha leira do lugar de Sande de Abaixo, en Outes e, malia os esforzos, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento do implicado.
O 112 Galicia tivo constancia dez minutos despois das 12:30 horas, cando un particular relatou os feitos: unha persoa estaba atrapada logo de envorcar co seu tractor.
De inmediato, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Outes.
Os axentes da Policía Local chegaron rapidamente ao lugar e informaron da gravidade da situación. Así, nestes momentos, os servizos de emerxencias proceden cos traballos de excarceración do corpo do falecido, por cuxa vida nada puideron facer.



