Éxito de participación na XIV BTT Cicloturista da Camelia en Vedra
A XIV Edición da BTT Cicloturista da Camelia celebrouse en Vedra cunha participación récord, esgotando as 400 prazas dispoñibles días antes do evento. A proba, organizada polo Concello de Vedra e o Club Ribadoulla, desenvolveuse nun percorrido espectacular marcado pola lama deixada polos temporais recentes.



