Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial:
RUTA SEN GLUTE: La Morena / Nómade / Bodeguilla de San Lázaro / O Afiador / A Maceta / Artesana / A Vaquiña / El Muelle / Sindueña / Casa Ramos / Pico de Galo / O Testo / O Sendeiro / El Cártel de Mawey / Mercedes / Corrosco / Orixe
RUTA VEXETARIANA: La Morena / A Lareira / Vilar 64 / A Maceta / A Moa / Artesana / El Muelle / Suso / O´Flanagan’s / Sindueña / A Carrilana /O Testo / Corrosco / Medusa
RUTA DOCE: La Morena / Lusco & Fusco / Vilar 64 / A Maceta / A Moa / El Muelle / Suso / A Carrilana / Corrosco / Medusa
Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos agasallos, tales como produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria; botellas de viño Ponte da Boga; packs de cervexa Estrella Galicia Especial; e lotes de Cafés Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia). Tamén poderán conseguir abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela, balóns vintage do Compos, libretas e bidóns ilustrados, paraugas, etc.
O Tapasporte poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes.
Ademais, o sábado 15 de febreiro haberá un premio especial sorpresa para as persoas que presenten na Oficina de Turismo os selos cubertos dos 5 establecementos distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, que son: Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Redes, O Sendeiro e Orixe.
O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.