Dous falecidos nun accidente de tráfico en Silleda
O accidente ocorreu arredor das 15:20 horas, no quilómetro 185 da N-640, na parroquia de Escuadro. Segundo informou o particular que alertou ao 112 Galicia, producírase un accidente entre dous coches, cunha persoa xa fóra do seu turismo, mentres que no outro aínda permanecía xente no interior.
Líder Redacción
2 de julio de 2025 a las 19:59
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén se desprazaron sos Bombeiros do Deza, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.
Os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento dos dous ocupantes que estaban dentro dun dos coches implicados, un home de 84 anos e unha muller de 83, os cales precisaban de excarceración para ser liberados. O condutor do outro vehículo, ferido, tivo que ser trasladado ata o Centro de Saúde.



