Dodro, Rois e Padrón entran na rede comarcal de transporte público do Barbanza, con conexións con Santiago
O Consello da Xunta vén de autorizar a saída a información pública do proxecto de explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada da comarca do Barbanza. O plan supón un redeseño completo das liñas actuais para adaptalas ás necesidades reais da poboación, cunha aposta clara pola mellora das conexións internas e coa capital galega.



