Comezan as obras de instalación dunha pasarela de unión en San Domingos de Bonaval
O Consorcio de Santiago iniciou nos últimos días os traballos para a execución dunha pasarela de unión entre a ala sur e o corpo principal do conxunto de San Domingos de Bonaval, un proxecto que ten como obxectivo facilitar a circulación entre as áreas expositivas do Museo do Pobo Galego.



