Comercio Punto Compostela lanza unha App de fidelización con descontos e premios
A Asociación Comercio Punto Compostela (CCA) presentou onte unha nova aplicación móbil creada para dinamizar o comercio na capital galega. A plataforma, na que participan máis de 200 establecementos asociados, permitirá aos clientes acumular puntos coas súas compras e trocalos por descontos ou participación en sortexos exclusivos.



