Comercio Punto Compostela lanza un concurso de redacción nos institutos sobre ‘O Comercio Local’
A Asociación Comercio Punto Compostela CCA, en colaboración coa Asociación Cultural Casino de Santiago de Compostela, lanza o Concurso de Redacción «O Comercio Local». Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de ESO e Bacharelato dos institutos de Santiago co obxectivo de fomentar a creatividade e destacar a importancia do comercio local.



