Buscan nova sede para a comisaría de Santiago ante o risco de que o edificio quede inutilizado
Dous meses despois do incendio que afectou gravemente ás dependencias da Policía Nacional en Santiago de Compostela, a situación continúa sen unha solución definida, marcada pola provisionalidade, a incerteza e o cruce de reproches entre as diferentes forzas políticas.



