Bugallido celebra esta fin de semana a III Carballeira das Letras e a Festa do San Isidro
– A inauguración terá lugar o venres cun faladoiro sobre Begoña Caamaño, a figura homenaxeada nas Letras Galegas 2026
– O sábado a celebración trasládase á carballeira con teatro, música e gastronomía durante toda a xornada
– O domingo degustaranse os tradicionais callos e empanada do San Isidro e rematará cun concerto da Orquestra Folk de Galicia Son de Seu





