ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Boqueixón licita por máis de 60.000 euros a mellora da senda dos pescadores do Ulla

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de marzo de 2026 a las 15:15

Compartir
  • Colocará nova sinalización e aparcabicis e fará unha escaleira para facilitar o acceso á Fervenza de Codeso

Boqueixón. 2 de marzo de 2026. O Concello de Boqueixón vén de licitar por 60.574,87 euros o proxecto de mellora e ampliación da senda dos pescadores e viticultores do Ulla. Trátase dunha senda existente á beira do río e que discorre por camiños que eran usados tradicionalmente polos pescadores da zona. Agora, co asentamento na comarca de novos viticultores, o Concello aposta por aproveitar os novos camiños abertos por eles na explotación dos viñedos para acometer esta ampliación, favorecendo a creación de novos accesos á ruta.

A maiores, instalarase unha extensa sinaléctica para guiar aos sendeiristas, tanto ao longo da ruta como nos puntos máis turísticos da contorna. Así está previsto instalar 10 sinais informativas nos dous extremos da ruta, no miradoiro de Neira Vilas, na entrada e saída do lugar de Donas e nos locais de hostalería da contorna. Outras 33 sinais a instalar serán de tipo direcciónal, para guiar aos sendeiristas nos cruces e cara os puntos de interese. Ademais, reporanse as mesas informativas.

Os traballos tamén inclúen a colocación de aparcabicis nas contornas dos establecementos hostaleiros da zona e a construción dunha escaleira que facilite o acceso á Fervenza de Codeso, á que actualmente se accede por unha pendente na que é preciso usar uns cordóns amarrados nas árbores como pasamáns. Completaríase a actuación coa roza e limpeza do terreo e coa instalación dun banco no Miradoiro Neira Vilas.

As empresas interesadas teñen ata o 8 de marzo para presentar as súas ofertas.

Etiquetas

boqueixon
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias