Boqueixón auditará a súa rede de saneamento para mellorar o servizo
Boqueixón, 2 de setembro de 2025. O Concello de Boqueixón vai realizar unha auditoría técnica da súa rede saneamento co obxectivo de seguir mellorando a calidade e eficiencia do servizo que se presta á veciñanza. Unha actuación na que se van investir preto de 15.000 euros.



