Boiro recibe unha subvención para a prevención dos incendios forestais no rural
O Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 105.775,71 euros no marco da orde de Galicia Suma Talento: Rural Activo. Mediante esta axuda vanse contratar un técnico forestal e cinco peóns durante 9 meses.
Líder Redacción
30 de abril de 2026 a las 15:39
Boiro conta con máis de 100 entidades singulares nas parroquias que deberán ter faixas do 50m de desbroce e retirada das especies para previr a propagación dos lumes. O obxecto desta subvención é a prevención dos incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do Concello de Boiro durante o ano 2026.
As funcións a desenvolver do técnico forestal serán as de inspeccionar as parcelas incluídas nas franxas de prevención dos núcleos de poboación, identificando aos propietarios que incumpren os criterios da xestión da biomasa. Pola súa parte, os peóns participará das tarefas de desbroce de parcelas municipais de influencia forestal e os camiños públicos que requiran desbroce manual.
A contratación do persoal realizarase mediante o Servizo Público de Emprego.



