BNG de Ames solicita á Xunta que atenda as necesidades do transporte no rural
As queixas polo funcionamento do transporte público son recorrentes en Ames
As queixas polo funcionamento do transporte público son recorrentes en Ames
Líder Redacción
18 de octubre de 2024 a las 20:23
A moción forma parte dunha campaña que o BNG de Ames está a poñer en marcha no concello para demandar un servizo público de transporte digno e eficiente
No pleno do 31 de outubro debaterase a moción presentada polo BNG na que se propón a adopción dos seguintes acordos:
1- Que o Concello de Ames faga unha revisión de tódalas paradas e dote das marquesiñas necesarias ao noso rural coa información concreta en cada punto.
2- Esixir á Xunta de Galicia que faga cumprir con rigorosidade os contratos en vigor do servizo público de transporte en Galicia, de acordo aos pregos técnicos e administrativos e ás ofertas gañadoras nos concursos. É preciso garantir os percorridos, os horarios e as paradas establecidas.
3- Instar á Xunta de Galicia a que se explore a posibilidade de dotar ao rural de Ames do Servizo de Noitebús.
En palabras de Escarlata Pampín, voceira do Grupo Municipal do BNG, “tal e como está deseñado o transporte público provoca unha clara discriminación por orixe, a veciñanza do rural non ten as mesmas posibilidades que os que viven nas cidades ou vilas máis grandes. Isto tradúcese, por exemplo, na dificultade para acceder á ensinanza superior ao non existir transporte escolar para esas etapas educativas”.
“Demandamos servizos para mellorar a mobilidade das persoas, un problema que afecta a tódalas idades pero que repercute sobre todo naquelas que carecen de transporte privado, un grupo entre os que se atopa a xente máis nova e a xente maior que depende dos seus familiares ou coñecidos para desprazarse”. Engade Escarlata Pampín.
Dende o BNG de Ames esiximos un servizo público de transporte digno e eficiente, porque a realidade é que temos constancia de que no transporte do rural persisten as impuntualidades, os atrasos inxustificados, o número de autobuses é insuficiente, non pasan nas horas previstas, non recollen nas paradas estipuladas e non contan coas prazas necesarias, por non falar das deficiencias no seu estado que, nalgún caso, é calamitoso.
Recibe las noticias en tu correo.