Por outra banda tamén se fixo constar o traballo diario de contacto coas persoas, sendo o único partido de Ames cunha sede que abre varios días á semana e o único partido que se reúne de forma habitual coa veciñanza de todos os lugares do concello: “Os Socialistas de Ames mantemos un contacto directo e permanente, non imos só unha vez cada 4 anos polo concello pedir o voto cando hai eleccións. A política é diálogo e traballo constante ao pé da rúa”.
García tamén valorou o presente o futuro da agrupación, así como o que queda de mandato: “Afrontamos os dous anos de que quedan de mandato con enerxías renovadas e coa ilusión do primeiro día. O mellor está por vir”
Na Asamblea fíxose mención aos compañeiros e compañeiras ausentes dende a pasada elección da comisión executiva e púxose en valor o traballo realizado pola agrupación dende a súa constitución “Grazas ao traballo duro de moitos homes e mulleres hoxe os Socialistas de Ames estamos onde estamos. Somos polos que foron e polos que fostes”, finalizou o Secretario Xeral destacando a importancia de homenaxear e recoñecer a todos aqueles militantes históricos que mantiveron o partido vivo en momentos nos que adicarse á política sendo de esquerdas non era doado.
RESULTADOS DA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA PARA A EXECUCIÓN DA EXECUTIVA MUNICIPAL
Nova comisión executiva: Francisco Villaverde Marcos (Presidente), José Blas García Piñeiro (Secretario Xeral), Susana Señorís (Vicesecretaria Xeral e Acción Electoral), Victor Manuel Fernández Prieto (Vicesecretario Xeral e Portavoz), Elisa Suárez Vázquez (Secretaria de Organización e Administración), Gustavo Enrique Nieto Santiago (Secretario de Relacións coa Militancia), María Uxía García Otero (Secretaria de Políticas de Benestar), Javier Antelo Seoane (Secretario de Política Municipal), Beatriz Martínez Domínguez (Secretaria de Vivenda e Mobilidade), José Pazos Balsa (Secretario de Desenvolvemento Rural), Ana Belén Paz García (Secretaria de Comercio e Emprego), Álvaro Negreira Fernández (Secretario de Formación), Isabel González Cancela (Secretaria de Mobilización), María Ofelia Mayo Romarís (Secretaria Executiva), Carmen Porto Rey (Responsable de Mocidade e Educación).
Comité provincial (Titulares): Gustavo Enrique Nieto Santiago, Ana Belén Paz García, Javier Antelo Seoane.