ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

«Se fose polo PSdeG, Altri non levaría un euro de fondos públicos porque nin cumpre, nin o merece»

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de marzo de 2025 a las 13:10

Compartir
  • “Altri é unha gran mentira dende o primeiro día”, advertiu o voceiro do Grupo Socialista, quen acusou a Rueda de facer deste “o seu proxecto estrela”, a pesar de que “non hai unha soa verdade sostible arredor del”
  • Nunha intervención centrada en denunciar “a farsa que a Xunta quere impoñer con cartos de todas e todos”, Besteiro dirixiuse a Rueda acusándoo de estar atado a este proxecto, «pero eu non, eu son libre”
  • Defendeu que Galicia non pode seguir destinando os seus recursos forestais a aumentar a produción de celulosa, sen control nin beneficio para o país

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cargou este mércores no Parlamento contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que acusou de avalar “un proxecto cheo de mentiras” como é o de Altri. “Se fose polo PSdeG, Altri non levaría un euro de fondos públicos, porque nin cumpre, nin o merece”, proclamou Besteiro, nunha intervención centrada en denunciar “a farsa que a Xunta quere impoñer con cartos de todas e todos”. E engadiu: “Eu pódoo dicir porque vostede está atado a este proxecto, pero eu son libre”.

“Altri é unha gran mentira dende o primeiro día”, advertiu Besteiro, quen acusou a Rueda de facer deste “o seu proxecto estrela”, a pesar de que “non hai unha soa verdade sostible arredor del”.

Lembrou como o proxecto foi presentado como unha fábrica téxtil e agora mesmo nin no propio goberno se poñen de acordo: uns falan de fibras, outros de celulosa. Subliñou tamén que as promesas de creación de 2.500 empregos directos foron falsas, igual que o compromiso de non alterar o modelo forestal galego ou de non impactar no consumo enerxético. E engadiu que a suposta viabilidade económica de Altri quedou en nada cando a propia empresa recoñeceu que sen os 250 millóns de euros públicos non podería saír adiante.

Besteiro cuestionou a lóxica dun presidente da Xunta que se nega a reclamar a condonación da débeda para reforzar servizos públicos, pero que si está disposto a transferir fondos europeos a unha empresa privada cun proxecto feble, cheo de sombras e sen garantías claras. E preguntouse abertamente en sede parlamentaria cal era exactamente esa “axuda” que a Xunta lle prometera a Altri, segundo palabras do propio Rueda: “Sabía tamén a empresa que a Declaración de Impacto Ambiental acabaría aprobándose?”, inquiriu. E deixou unha advertencia clara: “Se de vostede dependesen os fondos europeos, Altri xa estaría feita”.

Desde o principio, apuntou o líder socialista, o PSdeG mantivo unha posición coherente e firme: esixir que calquera proxecto industrial cumpra criterios de solvencia, rigor e viabilidade. E, engadiu Besteiro, “nada diso se cumpre no caso de Altri”. Por iso, defendeu que Galicia non pode seguir destinando os seus recursos forestais a aumentar a produción de celulosa, sen control nin beneficio para o país.

Ante os intentos do PP de presentar a postura socialista como un rexeitamento á industria, Besteiro deixou claro que non caerán nese tipo de “debates simplistas e absurdos”. O PSdeG está a favor da industria produtiva e sustentable, da que suma para Galicia, non da que se impón con propaganda e cartos públicos sen retorno. “Dicir que si a todo é tan fácil como dicir que non a todo”, explicou, e advertiu que este non é o camiño.

Por último, advertiu de que a insistencia do PP en querer controlar os fondos europeos responde á intención de canalizalos sen control nin fiscalización cara a proxectos como o de Altri. “A súa prioridade non é Galicia, é garantir favores a intereses privados”, concluíu, reiterando que “se de nós dependese, este proxecto non recibiría nin un euro, porque nin cumpre, nin merece”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

altripoliticapsdg
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.