• Modificación do Regulamento de Participación Veciñal:
Transcorridos máis de vinte anos desde que este regulamento entrou en vigor, faise necesario acometer a súa modificación para incrementar de xeito significativo a transparencia do Concello e a participación activa da veciñanza, elevando ao Consello de Relacións Veciñais unha proposta para ser debatida.
• Ampliación do perímetro urbano da cidade:
Ante as dificultades que no ámbito da seguridade se derivan do actual perímetro urbano nalgúns dos barrios da cidade, como Conxo, Vidán, Angrois, Bar de Abaixo, etc., acordouse solicitar ás diferentes asociacións información sobre os problemas que están enfrontando e, complementariamente, pedir ao Concello información sobre as prioridades actuais na negociación das transferencias dos viais de titularidade da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
• Contratos dos Servizos do Concello:
Á vista dos retrasos e problemas que se están dando na contratación dos servizos, da Subministración de Auga, Transporte Público, etc., acordouse solicitar información sobre a situación dos mesmos.
• Aplicación do 2 % cultural:
Acordouse solicitar incluír na orde do fía do Consello que se facilite información sobre as solicitudes presentadas polo Concello, como titular de Bens de Interese Cultural, á última convocatoria de subvencións con cargo ao fondo do 2 % cultural do Ministerio de Transportes.
• Análise da proposta de nova Taxa do Lixo:
Reiterouse a oposición das Asociacións ao criterio de vinculación desta taxa co valor catastral das vivendas no caso da tarifa doméstica, porque nada ten que ver o valor catastral co lixo xerado, así como a necesidade de que na hostalaría se compute a superficie das terrazas, e a asimilación a categoría de restaurantes, a todos aqueles bares que dean comidas.