Arzúa amosa o seu potencial turístico a National Geographic
Arzúa viviu unha fin de semana ateigada de visitantes con motivo da 50ª edición da súa emblemática Festa do Queixo. Entre os asistentes destacou a presenza do xornalista de Viajes National Geographic, Juan Chuet, quen puido coñecer de primeira man os principais atractivos naturais, patrimoniais, gastronómicos e culturais do municipio.




