Arzúa acapara o protagonismo no XXV Salón Internacional de Turismo Gastronómico ‘Xantar’
Onte, 24 de outubro, Arzúa acaparou o protagonismo no stand da Deputación da Coruña durante a 25ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebrou en Ourense. O concello de Arzúa, coñecido pola súa rica tradición queixeira, destacou por promocionar a súa gastronomía cunha selección de produtos e pratos que representaron a excelencia culinaria local.
Líder Redacción
25 de octubre de 2024 a las 12:37
Os asistentes tiveron a oportunidade de degustar as seguintes creacións elaboradas polo recoñecido chef Álex Iglesias:
-Ensalada temperada de croqueta líquida con queixo de Verbas.
-Tartaleta de castañas con boletus e pera con Galmesan.
– Canelón de porco celta con setas e queixo de Casa Donicio.
– Tarta de queixo Arzúa de Queixería Barral.
– Tarta de Arzúa de Mamá Teresa.
Ademais, os queixos de Verbas, Casa Donicio, Galmesan e Queixería Barral estiveron dispoñibles para a degustación, ofrecendo unha experiencia gastronómica única aos asistentes.
Begoña Balado, concelleira de Turismo e Promoción Económica de Arzúa, comentou que ”participar en Xantar foi unha magnífica oportunidade para mostrar o noso patrimonio gastronómico. Os nosos queixos, recoñecidos a nivel nacional e internacional, e o traballo dos nosos produtores amosan o mellor de Arzúa. É un orgullo que o noso concello destacase nesta edición de Xantar.”
O evento foi unha ocasión ideal para dar a coñecer o mellor da gastronomía de Arzúa, combinando tradición e innovación para sorprender aos participantes.



