A programación do Banquete de Conxo tamén inclúe moitas propostas para o público infantil. Así, ao longo do sábado pasarán pola praza de Aurelio Aguirre Títeres Babaluva, coa sua Feira das Sementes e Charlatán Rodríguez; e no domingo están previstas as actuacións do Mago Teto e de Peter Punk, ademais das actividades que se trasladarán á zona da carballeira, como unha mostra de xogos tradicionais ou un espectáculo dos Catropés.
En canto á mocidade, para ela están especialmente dirixidas dúas propostas: a sesión vermú do sábado cun cartel que nace do Centro Xove da Almáciga e do que fan parte Patrick e Ginko Bilova; e a Festa da poesía, na noite do sábado. O evento estará conducido por Claudia Pino, e contará coa participación de Clara do Roxo, Francesca da Silva e Iris Abril; e coa música de Miguel Bouzó, Leticia Rey e Xeva.
No apartado musical, a programación inclúe a actividade denominada “Canto Fraterno”, na que participarán pandereteiras de Marrozos e de Sar; e o concerto de Coros na escalinata do Psiquiátrico, coa participación do Coro de Habaneras Rocha Forte, Coro Coto da Nai de Aríns, Coro Crecente, Coro Amigos do Castiñeiriño, Coral da Pontepedriña, ou o Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar.
Tren do Banquete de Conxo
Un ano máis contarase co Tren do Banquete de Conxo; un percorrido especial gratuíto do tren turístico, decorado para a ocasión. Haberá traslados de balde entre a Alameda, no centro da cidade, e o barrio de Conxo. (Prioridade para familias con nenas/os, persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época).
Reforzo na liña 5 do transporte urbano
Con motivo da celebración da festividade do Banquete de Conxo, a liña 5 reforzará os seus servizos durante a fin de semana:
*O sábado 24 e o domingo 25 de maio, a liña 5 contará con horarios de luns a venres laborables en todos os seus servizos.
Vite – Rocha: de 6:40 a 22:40 (cada 20′)
Rocha – Vite: de 7:00 a 23:00 (cada 20′)
A estes horarios de día laborable, engadiranse o sábado 24 dúas prolongacións que se realizan os sábados pero non os laborables:
-A saída ás 21:20 de Vite prolongarase tamén ao hospital Provincial.