ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Apróbase a moción de BNG, CA e PSOE para apoiar a manifestación en defensa da sanidade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de enero de 2024 a las 20:06

Arquivo

Compartir

 

 

A portavoz municipal do BNG, Míriam Louzao, lembra que hai case 10.000 persoas esperando por unha cirurxía na área Santiago-O Barbanza segundo os últimos datos publicados

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024.- O grupo municipal do BNG, xunto cos de CA e PSOE, defendeu no Pleno ordinario de xaneiro unha moción conxunta para apoiar a manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública prevista para o domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa de 13 medidas urxentes para salvar a sanidade pública galega. Aprobouse cos votos a favor de BNG, CA e PSOE e o PP votou en contra.

Segundo explicou a portavoz municipal do BNG, Míriam Louzao, “os últimos datos publicados de lista de agarda que son de 30 xuño de 2023, na área de Santiago-O Barbanza hai case 10.000 persoas esperando por unha cirurxía, case 29.000 agardando por unha consulta e máis de 17.000 por unha proba diagnóstica; é un colapso insostible da sanidade pública”. Perdéronse nos últimos anos camas hospitalarias, hai 500 camas menos nos hospitais galegos desde que o PP goberna na Xunta e o informe do Consello de Contas concluíu que non se logra unha resposta correcta das ambulancias  en condicións de equidade en todo o territorio e en 198 concellos os tempos de resposta están por encima do máximo establecido”, engadiu. “Este desastre sanitario é resposabilidade do PP e é un plan claramente orquestrado que ten un único beneficiario: a sanidade privada”, incidiu.

A moción fai referencia ao desmantelamento da sanidade pública por parte do Goberno do PP na Xunta nos últimos anos no relativo aos centros de saúde e PACs; á substitución das consultas telefónicas en lugar de presenciais; á masificación dos centros, á carencia de servizo de pediatría e de recursos humanos, ademais das listas de espera para especialistas e da falta de camas hospitalarias.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

plenosanidadesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago
Actualidad

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago

O PSdeG alerta dun novo colapso sanitario en Santiago ao centralizar a atención dos sábados no PAC
Actualidad

O PSdeG alerta dun novo colapso sanitario en Santiago ao centralizar a atención dos sábados no PAC