Recepción das obras no barrio de Sar e Pontepedriña
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á autorización para a recepción definitiva das obras de creación dun espazo interxeneracional no barrio de Sar. Goretti Sanmartín detallou que o remate das obras «está previsto para o 20 de decembro» e o seu obxectivo foi a posta á disposición da cidadanía dun «espazo onde poida convivir crianzas, rapazada de distintas idades e persoas maiores, con espazos de xogos e outros axardinados con árbores» na parcela situada entre a ‘Ruta da Prata’ e a calzada do Cruceiro do Sar.
Este contrato fora adxudicado polo executivo municipal o pasado mes de xullo á empresa a ALCOMTE GALICIA SL por un importe de 126.984,82 € (104.946,13 euros máis IVE).
Tamén se acordou a autorización para a recepción de obras Obras de mellora da accesibilidade no barrio de Pontepedriña co fin de «mellorar a conexión entre o barrio e o ensanche e o centro», unha intervención que permitiu a instalación de «dous pasos peonís sobre o río Sar na zona próxima ás hortas». As obras, que xa están rematadas, foron realizadas pola empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU cun orzamento de 145.200,00 € (base impoñible 120.000,00 € máis IVE do 21% 25.200,00 €).
Enmarcada na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago (EDUSI – REVIVE COMPOSTELA) e cofinanciada polos Fondos FEDER, esta actuación pretende mellorar a accesibilidade e a conectividade da zona con outros barrios da cidade través dun percorrido transversal interno, creando novos itinerarios que terán continuidade no Ensanche e noutras sendas como a de Sar.