Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno do Consello, a ampliación do programa “Música nas parroquias” a outras parroquias, unha maior aposta pola danza e a creación dun ciclo de monólogos
Ames será sede dunha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria de subvencións culturais e para a promoción de fesas populares no exercicio 2024
Ames, 7 de marzo de 2024.- O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Participaron un total de 23 asociacións, representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e maila directora da EMMA, Pilar Martínez. Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno do Consello, a ampliación do programa “Música nas parroquias” a outras parroquias, unha maior aposta pola danza e a creación dun ciclo de monólogos. Ames será sede dunha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria de subvencións culturais e para a promoción de fesas populares no exercicio 2024.
Este pasado martes, 5 de febreiro, realizouse no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura de Ames. En dito encontro participaron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e maila técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Estiveron representadas un total de 23 asociacións municipais. Tamén estiveron representados todos os grupos políticos con representación na Corporación municipal e asistiu a directora da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), Pilar Martínez.
Todos os/as representantes das asociacións manifestaron o seu interese por formar parte do Consello. En canto aos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno, acordouse que as asociacións interesadas enviarán ao departamento de Cultura un escrito manifestando o seu interese.