O principal obxectivo do proxecto é dotar ao municipio de servizos modernos e de calidade relacionados coa xestión do ciclo da auga. A través da transformación dixital, Ames mellorará a eficiencia no uso dos recursos hídricos, garantirá a sustentabilidade ambiental e proporcionará á cidadanía un entorno favorable para o desenvolvemento dos seus proxectos de vida.
En canto aos obxectivos específicos, destacan a dixitalización de infraestruturas hidráulicas (implantación de tecnoloxías avanzadas para controlar e xestionar a infraestrutura hidráulica do municipio, mellorando a detección e resposta ante posibles incidencias), a participación cidadá (desenvolvemento de plataformas dixitais para implicar á comunidade na toma de decisións sobre o uso responsable da auga, promovendo a concienciación ambiental e a corresponsabilidade), optimización do uso da auga (implantación de sistemas intelixentes para a xestión eficiente do abastecemento de auga, incorporando tecnoloxías que permitan axustar o abastecemento ás necesidades reais e promovendo o aforro), a formación e sensibilización (con programas de formación para persoal municipal e cidadáns, centrados no uso responsable da auga e no uso correcto das novas ferramentas dixitais), e a gobernanza colaborativa (establecemento de mecanismos de coordinación entre o Concello de Ames e as entidades supramunicipais para compartir coñecementos, recursos e boas prácticas na xestión da auga).
Actuacións previstas
“Ames Digital Water” recolle un gran número de actuacións clasificadas en tres grandes grupos: Planificación, mellora de eficiencia e dixitalización, e xestión da información.
As relativas á planificación comprenden dende plans variados como poden ser de emerxencia ante a seca, de xestión dos sistemas de saneamento, uso da auga rexenerada e plans de protección civil fronte a inundacións. Por outra banda tamén se contemplan protocolos de vixilancia, plans sanitarios e de xestión do control de calidade así como estudos de diagnóstico e xestión de fugas e hidroxeolóxicos.
En cantos ás melloras a nivel de eficiencia e dixitalización levaranse a cabo actuacións melloras técnicas que repercutan nos sistemas de abastecemento, saneamento e tratamento de augas. Tamén se dixitalizarán as captacións, os sistemas de abastecemento, os sistemas de abastecemento, os de saneamento e depuración e os de vertido de augas residuais.
Por último, no referente á xestión da información, levaranse a cabo melloras nos portais web da administración, e desenvolveranse sistemas de información e ferramentas dixitais para a telexestión e o telemando das instalacións e das infraestruturas.
Ames, entre as 5 solicitudes galegas propostas como beneficiarias do PERTE
A resolución provisional da segunda convocatoria de subvencións do ano 2023 destinadas a proxectos que melloren a eficiencia do ciclo urbano da auga, concédenlle a 50 propostas a nivel estatal a a axuda mencionada e Ames foi quen de meterse entre as 5 propostas galegas beneficiarias, cunha puntuación de 74 puntos.
As outras propostas galegas escollidas foron Servizos Urbanos Municipais de Arteixo SA, o consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro, a Agrupación de Concellos de A Cañiza, Melón, Mondaríz, Mondariz Balneario, O Carballiño e Maside, e o Concello de Ourense.