ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaSociedad

Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre de 2024

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de enero de 2024 a las 18:15

Compartir

 

 

 

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames presentou esta mañá as diversas propostas de animación infantil que conforman o programa Apego para o primeiro semestre do 2024. Este ano inclúe música, teatro, arrolos, obradoiros e ata unha viaxe á Ribeira Sacra. A programación comeza o vindeiro xoves 1 de febreiro co espectáculo “Prende no colo”, dirixido a familias con crianzas de 0 a 3 anos, e para o que será necesario inscribirse entre o 24 e o 31 de xaneiro. A programación completa do Apego pode consultarse premendo nesta ligazón.

O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. A finalidade deste proxecto é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de diversas actividades e recursos. Actualmente, arredor de catrocentas familias forman parte deste programa.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén é posible sumarse cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, dispoñible na páxina web do programa, apego.gal. Na actualidade máis de 400 familias forman parte deste programa.

A programación infantil con Apego foi presentada esta mañá no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. No acto estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García; e as técnicas do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras e Raquel Barbeito.

O alcalde de Ames e responsable do departamento de Normalización Lingüística, Blas García, destacou que para o concello o programa Apego sempre tivo un lugar relevante porque “implica dar a coñecer o uso da nosa linga, involucrando aos nenos e nenas en diversas actividades para que poidan traballar e aprender en galego”.

Pola súa banda, a técnica do Servizo de Normalización  Lingüística, Rosa Moreiras, explicou que o obxectivo transversal das actividades que conforman o programa é que “que as familias leven para a casa un fío do que seguir tirando para favorecer a transmisión da lingua”.

Ata o mes de xuño, Ames acollerá un total de 16 actividades que conforman unha variada oferta lúdica para familias con crianzas. Na elaboración desta programación colaboran os departamentos de Normalización Lingüística, Cultura e Bibliotecas, co obxectivo de proporcionar recursos para unha crianza positiva e creativa en galego.

Actividades para os máis pequenos desde febreiro ata maio

Durante o mes de febreiro terán lugar tres actividades. O venres 1 abrirá a programación co espectáculo “Prende no colo”, de Luís Prego e Samuel Soto. Os nenos e nenas que participen asistirán a unha sesión musical para aprender pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía. O venres 16 será a quenda de “Concerto PunkInfantil”, de Peter Punk e Brais das Hortas, cun espectáculo musical e de clown. O mes de febreiro pecharao “Música e Rosalía” de Leticia Falcón, un obradoiro de estimulación musical temperá para achegar as crianzas á musica e á lingua a través de Rosalía de Castro.

Xa en marzo, desenvolveranse outras tres propostas. Para comezar, o día 1, haberá unha nova representación teatral, dirixida ao público infantil, “Solo”, de Roi Borrallas. Trátase dun espectáculo de monicreques no que se retrata o comportamento dun pallaso cando está só, coas súas ideas e tolemias. O venres 8 Jara Ortiz chega a Ames con “Lúa triangular. Nada é imposible”, unha viaxe ao mundo dos contos con música, teatro e humor.  Para rematar o mes, chegarán @s Jaloch@s co espectáculo “Ritmando”, un concerto participativo para xogar coa música e coa palabra.

O mes de abril comeza con teatro. O venres 5, a compañía Talía Teatro representará “Voa Voa”, un espectáculo teatral que propón recuperar ditos, retrousos e xogos populares para transmitirllos aos máis pequenos da casa. O venres 12, Alouette Machine impartirá a actividade “Os superpoderes das aves”, un obradoiro de imprenta creativa para achegar ás crianzas ao funcionamento dunha imprenta e ao mundo das aves que os rodean, poñendo en valor o uso da lingua e o noso patrimonio cultural e ambiental. A semana seguinte, o venres 19, representarase “Contos en familia”, de Cris de Caldas e Xabi do Camiño; trátase dun espectáculo de contos e música acompañado da presentación dunha ampla escolma de libros esenciais para tratar temas clave na crianza. Para rematar o mes, o  sábado 27 está prevista a “Excursión a Carballolandia”, unha visita á Ribeira Sacra na que se visitará o eco-espazo denominado como Carballolandia, o eco-museo do Pazo de Anxeriz e a contorna do río Miño. A cativada achegarase ao mundo das árbores, a contorna fluvial e os seres mitolóxicos, en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia.

A actividade central de maio será a V Festa do Apego, o sábado 25. Será unha xornada chea de actividades e recursos para gozar en familia e para favorecer a socialización e a crianza en galego, para a que se elaborará un programa específico. Ademais, o venres 3 a Fundación Legar chega a Ames con “Arrolar”, un obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequechiñas e as persoas adultas a través do canto, no que aprenderán arrolos e outras cantigas que servirán como ferramentas de relaxación para crear espazos de calma. Para rematar o mes, o venres 31 Migallas teatro representará “A nena e os tres osos”, unha proposta teatral con monicreques e cancións baseada nun conto clásico da literatura infantil.

No mes de xuño celebraranse catro actividades, unha cada semana. O día 7 Montse Rivera e Mercedes Prieto estarán no Pazo da Peregrina dinamizando a “Foliada con Apego” deste semestre, un encontro repleto de música galega para cantar, bailar, aprender cancións… O venres 14, Ana Prema presentará, “Tecendo fíos”, unha sesión de contos interactivos para rir, xogar, compartir, relaxarse e estar en calma. Na semana seguinte, o día 21, terá lugar a actividade “Fotografando as herbas de San Xoán” con Alouette Machine; trátase dun obradoiro de cianotipia no que se realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e a auga, e se aprenderá a recoñecer as herbas de san Xoán. A programación rematará cun gran concerto o venres 28: Pakolas traerá «Rockeando coas máis molonas de Pakolas», un concerto de humor no que aprender, cantar e gozar a ritmo roqueiro coas pezas máis molonas dos tres discos de Pakolas.

Os prazos de inscrición das distintas actividades pódese consultar no catálogo da programación. Así mesmo, para resolver dúbidas ou obter máis información pódese contactar co Servizo de Normalización Lingüística a través do enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal ou do número de teléfono 662 377 215. Para aquelas actividades dependentes da Concellaría de Cultura pódese escribir a cultura.milladoiro@concellodeames.gal.

Actividades de animación á lectura nas bibliotecas municipais

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outro lado, as bibliotecas municipais seguen con actividades de animación á lectura infantil. Así, acollerán cinco novas propostas de contacontos para rapazada de entre 3 e 8 anos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. A programación de contacontos ao completo pódese consultar premendo nesta ligazón.

Etiquetas

amescomarcaculturasociedade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación