Dende o Concello de Ames, un concello que medra ano a ano, e que conta cunha especial sensibilidade cos servizos de conciliación para a rapazada, entendemos que non podemos quedar fóra do que o presidente da Xunta de Galicia denomina como o plan de residencia “máis ambicioso” da historia porque tamén é necesario facer políticas pensadas para as persoas maiores.
En todo o territorio amesán non existe ningunha instalación pública destas características, polo que é preciso poder contar o antes posible cunha residencia pública en Ames, que atenda a demanda deste tipo de servizos de atención a persoas maiores.
Creación dun centro de atención a persoas maiores
Dende o Concello de Ames lévase tempo traballando para crear infraestruturas que traten de mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. Pois iso desta volta preténdese que Ames dispoña dunha das 24 novas residencias que a Xunta vai a construír en Galicia con 1.800 prazas para maiores en concellos de menos de 50.000 habitantes..
Por outra banda, de xeito paralelo, o Goberno municipal xa iniciou xestións para a creación dun centro de atención a persoas maiores. O Arcebispado e o Concello comprométense a asinar antes do 30 de xuño de 2025 un contrato de alugueiro ou convenio por medio do que se articule a cesión de uso en favor do Concello de Ames, por un prazo de 29 anos dende a sinatura, da Casa reitoral de San Tomé de Ames, situada no lugar de Cruxeiras, xunto coas edificacións anexas e o predio do que forma parte, de 1.953 metros cadrados de superficie.