Inscrición e pagamento de taxas
Poderán participar no mercado as persoas comerciantes, artesás e produtoras con capacidade para producir, exhibir, elaborar e vender produtos. Xunto co modelo de solicitude, que se pode descargar na seguinte ligazón, as persoas interesadas deberán enviar á Sede Electrónica do Concello de Ames unha copia do DNI ou CIF, copia da última cota pagada en réxime de autónomos (ou do réxime que corresponda) ou compromiso asinado con que estarán de alta no momento de participación do mercado, certificado das epígrafes da IAE, rexistro sanitario e certificacións das autorizacións pertinentes de elaboración e manipulación de alimentos, seguro de responsabilidade civil e copia da carta de Artesanía de Galicia.
Ás persoas solicitantes que finalmente se lles adxudicara un dos postos ofertados no Mercado de Nadal comunicaráselles ao correo electrónico especificado na solicitude de participación. Os comerciantes terán que aboar, no prazo de dous días naturais desde a recepción da notificación de concesión do posto, a taxa correspondente á Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público do Concello de Ames. O importe da taxa, de conformidade coa ordenanza fiscal, é de 1,5 euros/día, é dicir terían que aboar un total de 4,5 euros. As taxas poden pagarse a través da Oficina Virtual Tributaria.
Asignación de postos en concorrencia non competitiva
Para facer efectivo o pagamento, os feirantes deberán de poñerse en contacto co servizo de Recadación do Concello de Ames no teléfono 981 884 896 e a través do correo ames@canaltributos.com. No mesmo prazo de dous días naturais para facer efectivo o pagamento da taxa, remitirán o xustificante do dito pagamento ao correo electrónico: promocioneconomica@concellodeames.gal.
A asignación de postos farase en concorrencia non competitiva, e iranse atribuíndo conforme á data e hora de chegada na Sede electrónica do Concello de Ames das solicitudes que cumpran cos requisitos recollidos nas bases.