ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, agradeceu a presenza de todas as entidades deportivas, as cales realizan un labor “non só de conciliación, senón que tamén xeran unha oportunidade para que os nenos e nenas sigan practicando e descubrindo novos deportes”

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de junio de 2026 a las 00:09

Compartir

A edil tamén destacou que se trata “duns campus que teñen moi boa acollida” e para os que as instalacións municipais “sempre estarán abertas, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva”

Ames, 2 de xuño de 2026.- Ames acollerá ao longo deste verán un total de dez campus e campamentos deportivos, organizados por clubs e entidades deportivas locais e que contan coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Ames e da Deputación da Coruña. Nesta liña, a rapazada amesá poderá escoller entre varias propostas, que van dende fútbol, fútbol sala ou baloncesto, ata atletismo, patinaxe ou vólei. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón.

Nesta liña, esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu a presentación desta serie de propostas para verán.

A dita presentación asistiron a concelleira de Deportes, Susana Señorís; os técnicos do departamento de Deportes, Alberto Viaño e Iván Sanmartín; por parte do Bertamiráns FC, o presidente, Rafael Budiño, e o director da canteira do club, Juan Diego Rodríguez Rogido; en representación do Club Básquet Ames, José Luis Penas; o presidente do Club Voleibol Bruxas, Fernando Lizuain e o director técnico, Ossie Antonetti; en representación do RC Deportivo, o adxunto á coordinación dos Depor Campus, Adrián Vilas Martínez; por parte do Patinaxe Sarela, a súa presidenta, Celtia Pampín, e a directora do campamento, María Peña; a presidenta do CP A Omega, Jesica Pazos; o director deportivo do Ames Atletismo, David García; e por parte do F.C. Meigas e a EFS Trasgos, Paola Vignolo e Diego Montero.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, agradeceu a presenza de todas as entidades presentes, as cales realizan un labor “non só de conciliación, senón que tamén xeran unha oportunidade para que os nenos e nenas sigan practicando e descubrindo novos deportes”, destacou a edil. Uns campus aos que desexou “moi boa acollida” e para os que as instalacións municipais “sempre estarán abertas, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva”.

Campamentos de fútbol e fútbol sala

Nesta serie de campamentos de verán, o fútbol é o deporte que conta cun maior número de propostas. Haberá tres campus de fútbol campo e un de fútbol sala, que se desenvolverán durante os meses de xuño e xullo, con opcións para rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos.

En primeiro lugar, do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo desenvolverase o XIV Campus de fútbol Bertamiráns F.C., que se realizará de 8:00 a 15:30 horas. Está orientado á rapazada de entre 4 e 15 anos, e levarase a cabo no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. Para obter máis información e inscribirse pódese entrar na páxina web do club Bertamiráns FC.

Seguidamente, o VI Campus de Fútbol Milladoiro S.D., que se desenvolverá do 1 ao 31 de agosto, de luns a venres, e en horario de 10:00 a 14:00 horas. Está dirixido a menores de entre 4 e 16 anos e terá lugar no campo de fútbol municipal do Milladoiro. Para máis información pódese consultar a páxina web do Milladoiro SD.

Así mesmo, o R.C. Deportivo da Coruña organiza o seu campus de verán do 13 ao 17 de xullo, para nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Desenvolverase no campo de fútbol municipal de Bertamiráns, de 10:00 a 14:00 horas. Pódese obter máis información ou inscribirse escribindo ao enderezo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es ou a través da web do DeporCampus.

Por outra banda, volve un ano máis o Campus de Verán Santi Valladares, do FC Meigas e das EFS Trasgos. Desenvolverase en horario de 9:00 a 14:30 horas ou ata as 16.30 (neste caso co xantar incluído); do 22 de xuño ao 10 de xullo. Está orientado á rapazada de entre 5 e 16 anos, e desenvolverase no Pavillón Polideportivo Municipal de Bertamiráns. Pódese obter información visitando a páxina web do FC Meigas e realizar a inscrición a través da seguinte ligazón.

Campamentos de patinaxe

Ademais, os dous clubs de patinaxe de Ames manteñen un ano máis a súa oferta para os meses de verán. O campamento de verán de patinaxe do CP A Omega, dirixido a rapazada de 4 anos en diante, comezará o 1 de xullo, e desenvolverase ata o día 31 do mesmo mes. Será de 8:30 a 14:30 horas, con dúas quendas quincenais. Terá lugar no IES do Milladoiro e no pavillón municipal da localidade. Para máis información e inscricións pódese escribir a info@cpaomega.es.

Pola súa banda, o VII Campamento de verán Patinaxe Sarela desenvolverase en dúas quendas, a primeira do 15 ao 31 de xullo e, a segunda, do 1 ao 14 de agosto, ámbalas dúas en horario de 8:30 a 14:30 horas. Terá lugar no polideportivo de Bertamiráns, para nenos e nenas de entre 5 e 17 anos. Pódese obter máis información e realizar a inscrición a través do enderezo electrónico clubdepatinaxesarela@hotmail.com.

Campus de volei

Do mesmo xeito que o ano pasado, inclúese na programación o IV Campus de Volei Internacional, organizado polo C.V. Bruxas. Realizarase entre o 6 e o 10 de xullo, nestas datas con horario de 12.30 ata as 14.30 horas, e do 13 ao 17 de xullo, en horario de 9.30 a 12.30 horas. Esta proposta terá lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de Bertamiráns e está dirixido para persoas de entre 11 a 20 anos. Para máis información, pódese escribir ao enderezo proyectjdb@gmail.com.

Campus de atletismo

O atletismo tamén aparecerá por partida dobre no verán amesán. Por un lado, o Campus de atletismo Ames Atletismo Savante ofrece unha opción para os nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2022. Ofertaranse tamén dúas quendas. A primeira delas abarca do 22 ao 30 de xuño; e a segunda, os días do 31 de agosto ao 4 de setembro. O horario será de 8:30 a 14:30 horas e terá lugar no centro de lanzamentos de Biduído. Para obter máis información e realizar as inscricións pódese escribir ao enderezo amesatletismo@gmail.com ou consultar a páxina web do club.

Por outra banda, na oferta de campamentos de verán volverá a estar presente o XI Campus de Atletismo Millaraio, que ocupará en dúas quendas a área deportiva do Milladoiro. A primeira destas quendas vai dos días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño; e a segunda, do 31 de agosto ao 8 de setembro. O horario será de 8:30 a 14:30 horas. Diríxese á rapazada nada entre os anos 2013 e 2019. Pódese obter máis información ou realizar a inscrición pódese acceder á páxina web do Atletismo Millaraio.

Campus de baloncesto

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, a oferta de campamentos deportivos inclúe o IX Campus de verán Básquet Ames, que achegará o baloncesto aos mozos e mozas nados entre 2008 e 2019. O campus desenvolverase en dúas quendas, a primeira do 22 ao 26 de xuño, e a segunda do 29 de xuño ao 3 de xullo, ámbolos dous en horario de 09:00 a 17:00 horas, na área deportiva do Milladoiro. Para máis información e inscricións pódese consultar a web do Básquet Ames.

Etiquetas

amescampamentosdeporteveran
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro
Deportes

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»