Alberto Mancebo presenta a súa nova novela “Indolente” na Libraría Couceiro de Santiago
O vindeiro mércores, 9 de outubro, ás 19:30 horas, a Libraría Couceiro de Santiago de Compostela acollerá a presentación de “Indolente”, a nova novela do xornalista e escritor Alberto Mancebo. Esta obra, que lle valeu o XXX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, promete cautivar os lectores cunha historia intensa e desacougante que transcorre nas aforas de Santiago e no barrio das Fontiñas.