Agrede con violencia a un dependente dunha tenda 24 horas do Ensanche
Un dependente dunha tenda 24 horas do Ensanche de Santiago resultou ferido esta madrugada tras ser agredido por un cliente que, segundo as primeiras informacións, lle propinou un forte golpe no rosto, chegando a fracturarlle o nariz. O suceso ocorreu durante unha discusión cuxos motivos están a ser investigados polas forzas de seguridade.