Aberto prazo extraodinario de inscrición no “Obradoiro de nadal: ÁS VOLTAS” en Arzúa
A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa abre prazo extraordinario de inscrición no “OBRADOIRO DE NADAL: AS VOLTAS”, dirixido a crianzas nadas entre 2013 e 2019, ambos inclusive. O prazo permanecerá aberto ata o 20 de decembro e o criterio de selección será por orde de inscrición. O obradoiro, que será de balde, realizarase en dúas quendas entre os días 27 ao 29 de decembro de 2023 e entre o 2 e o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10:00 a 14:00. Ás Voltas é un proxecto que busca, sobre todo, crear un espazo seguro para as crianzas no cal promover un programa lúdico e educativo, onde nenas e nenos xoguen e creen con perspectiva de xénero. Por ese motivo, este proxecto fomenta valores como a igualdade de xénero, a inclusión de todas as diferencias como fonte de riqueza, a xestión emocional dende a comprensión da mesma e o reforzo positivo das diferentes personalildades.



