ProgramasParrillaAgendaFarmaciasPlaza PúblicaEquipoPublicidadContacto
vive.galvive.gal
Al DíaComarcaPolíticaSociedadDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidad, radio y cultura de Santiago y su comarca.

RSS Podcast

Radio

  • La Radio
  • Programas
  • Parrilla
  • Agenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Secciones

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidad
  • Sociedad

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidad
  • Cookies
  • Contacto
  • Trabaja con nosotros

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desarrollado por GestSiete.es

Comarca

A venda anticipada para a Feira da Sidra chega xa ao 50%

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de junio de 2026 a las 13:01

Compartir
  • Mañá será o último día para facerse co vaso evitando as colas que sempre se forman para adquirilos na propia feira.

A Estrada, 4 de xuño de 2026.- A Praza da Constitución prepárase xa dende primeira hora desta mañá para acoller a XIII Feira da Sidra. A montaxe da barra e do espazo que ocuparán os 24 lagares participantes está xa en marcha, nunha xornada na que a venda
anticipada de vasos para a degustación continuou no Novo Mercado, despois de que a organización decidira atender a petición de ampliala. A última hora desta mañá trasladouse que xa se chegou ao obxectivo marcado de vender de maneira anticipada o 50% dos vasos dispoñibles para catar os caldos presentes no evento.

Aínda que inicialmente estaba previsto pechar a venda este mércores, o elevado número de reservas que se efectuaron por teléfono e a través das redes sociais para a recollida dos vasos (no espazo habilitado ao efecto no mercado municipal) animou aos organizadores a atender a solicitude de ampliar a venda a hoxe e mañá.

Deste xeito, aqueles que non compraran xa o vaso e queiran evitarse as colas o sábado para a súa adquisición, teñen aínda a oportunidade de mercalo mañá pola mañá, no horario de funcionamento da Praza de Abastos.

A venda anticipada veu funcionando ben para a Feira da Sidra nos últimos anos. En 2024 vendeuse deste xeito o 30% dos vasos, mentres que en 2025 xa se comercializaron por adiantado a metade dos dispoñibles. É por iso que nesta edición se agarda superar esta porcentaxe, axilizando o discorrer da degustación en beneficio de todos. Co vaso xa na man, os participantes poderán pasar directamente a saborear as sidras presentes.

Cómpre lembrar que este ano son 4.000 os vasos que se puxeron á venda. Neles escanciaranse o sábado 5.000 litros de sidra, 1.000 máis que o ano pasado. O prezo dos vasos situarase en 9 euros e dará opción a catar as sidras tantas veces como se desexe.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A montaxe continuará ao longo da tarde e mañá. A forma da barra, que se sitúa nos 80 metros, xa comezaba a percibirse esta mañá. A distribución dos lagares farase o sábado tentando favorecer a rotación do público.

Etiquetas

feira da sidra
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Estrada celebrará a XII Feira da Sidra o sábado 7 de xuño
Actualidad

A Estrada celebrará a XII Feira da Sidra o sábado 7 de xuño