O 3 e o 4 de xaneiro, os grupos Cantigas e Agarimos e Ultreia farán un percorrido polas prazas da zona vella con cantos e bailes nas chamadas ‘Cantadas de Nadal’. A ruada sairá ás 18.30 horas da praza de Cervantes, e seguirá ás 19 horas en Praterías, ás 19.30 no Toural e ás 20 no mercado da Carreira do Conde. O mesmo día 4 «teremos un certame de corais da cidade no Teatro Principal», engadiu a edila.
A Cabalgata de Reis ‘A Estrela do Nadal’, «da que se darán todos os detalles nunha roldade prensa», percorrerá as rúas da cidade o día 5 de xaneiro con saída ás 17 horas da avenida de Ferrol e chegada a praza do Obradoiro.
As luces estarán acendidas ata o 7 de xaneiro en horario de 18.00 h a 2.00 h e de 7:00 a 9:00 h, agás dos días 24, 25 e 31 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024, nos que a iluminación permanecerá acendida desde as 18.00 h ata as 9:00h do día seguinte. Ademais, haberá instalacións propias na Porta Faxeira, Mercado de Abastos, Bonaval, Obradoiro, na Alameda e na praza Roxa. En total, despregaran se fíos de leds en 128 rúas e prazas e tamén en 23 puntos de referencia do rural.
Xardíns das oito puntas
O concelleiro de Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, valorou positivamente a acollida e resposta por parte do público familiar aos «Xardíns das 8 puntas» que foron instalados na praza do Obradoiro e nos barrios de San Roque, San Pedro, As Fontiñas, Sar, O Castiñeiriño, Conxo, Santa Marta e Vista Alegre.