A feira contará con 22 expositores: Aceites Embruxo (aceite de oliva procedente dunha colleita artesá); Amarelante Sociedade Cooperativa Galega (elaboración de produtos a base de castañas, a través da recuperación de castiñeiros abandonados); Apicultura Val do Dubra (alimentación a base do coidado das abellas e os seus produtos); Asociación Galega de Apicultura (desenvolvemento integral da apicultura galega); Barbudos cooperativa licoreira (elaboración de licores de forma artesanal); Cabanas Rural Asociación de Mulleres (recuperan a labor do fiado de la pura de ovella galega); Casa Curtis (embutidos de caza, avestruz, touro, cervo, xabarín, ademais de queixos artesáns e licores); Carlota Fraga Libreira (libros antigos e de segunda man); e Casperlota Atelier (traballos creativos con téxtil natural coma seda, la, algodón e yutes).
Tamén asistirán CienPorCel (criadores de porco celta en liberdade e comercialización de produtos extraídos de maneira natural); Cova de Abella (produtores de mel galega de xeito artesanal); D Rositas (escultura, xoias e ramos feitos á man a partir da reciclaxe de libros); José Manuel Prado (torneiro de profesión e vocación); Más Cera (fabricación de todo tipo de lámpadas e cuncos de cera); O mel de Inés (produción e elaboración do coñecido como mel de tarde); Origen (especialidade en cafés, tés, herbas, especias e froitos secos, a granel, de orixe e con sabor); Queixería Gaia Gourmet (queixos de cabra con selo delicatessen elaborados de forma artesanal); Recuncho Artesán (a artesá Lourdes Suárez elabora cestos feitos a partir de medula); Taller de arte Comeluz (produción artística de produtos personalizados); Teo Berries (produción local de arandos de xeito natural e con múltiples variedades); Toxogel (xel natural a partires de extracción da flor do toxo, empregado para doenzas musculares); e Xosé Tuñas Percusión (taller artesán de instrumentos de percusión).
Exposicións permanentes e obradoiros
Por outra banda, haberá catro exposicións permanentes: do proceso de fiado de la de ovella galega, da Asociación Cabanas Rural; do torneiro José Manuel Prado; sobre a fabricación e reparación artesanal de instrumentos musicais con Xosé Tuñas Percusión; e de cestos feitos de medula, a cargo de Recuncho artesán Lourdes Suárez.
Tamén haberá tres obradoiros. O sábado 15 de novembro Luis do Río impartirá dous obradoiros: pola mañá de 12.30 a 13.30 horas ofrecerá un taller de cestería de láminas, mentres que pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, dirixirá o obradoiro Gaitas con herbas. O domingo 16, de 12.00 a 13.30 horas, impartirase o obradoiro de estampado con tintas naturais a cargo de Amoroteu.
Música e degustacións
O evento contará con diversas degustacións gastronómicas ofrecidas polo Concello de Ames, O sábado 15, de 12.30 a 13.30 horas, poderanse degustar as pizzas do monte de Sicilia in Boca. De 13.30 a 14.30 horas Discarlux ofrecerá hamburguesas de vaca de cría extensiva. O sábado pola tarde, de 18.30 a 19.30 horas, haberá outra degustación, neste caso será de xabarín con castañas a cargo do restaurante Onde Keiras. Ao longo da xornada do sábado tamén haberá degustación de castañas, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O domingo 16 haberá outras dúas degustacións: de doces do monte, a cargo de repostería Dolce e Bambini, de 12.00 a 13.00 horas; e de chicharróns de porco celta de Cienporcel, de 13.30 a 14.30 horas.
Ao igual que en edicións anteriores, este ano tamén se contará con música tradicional para amenizar as xornadas da feira. O sábado 15 haberá dúas actuacións: primeiro será a quenda do grupo As Pandereteiras da Costaneira, que actuará de 13:00 a 14:00 horas, e pola tarde A Requinta da Maía actuará de 18.30 a 19.30 horas. O domingo 16 será a quenda da agrupación Airiños do Paseo de Colón, que ofrecerá un pase musical de 12:30 a 14:30 horas.
Ás voltas cos cogomelos
Dentro da feira do monte tamén se inclúe unha saída para recoller cogomelos en Trasmonte que se vai a levar a cabo o sábado 15 de novembro. Para participar nesta actividade haberá servizo de autobús, con saída ás 11.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 11.15 horas desde o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O autobús volverá ás 14.30 con parada en Bertamiráns e no Milladoiro. Pola tarde, de 16.00 a 18.30 horas, farase a identificación e exposición de cogomelos a cargo de persoal da asociación Brincabois.