A USC fixa o 12 de febreiro para a primeira volta das eleccións ao Reitorado
A elección da persoa que ocupará a reitoría da USC nos vindeiros seis anos terá lugar o 12 de febreiro de 2026, en primeira volta, e o 11 de marzo, no caso de que sexa precisa unha segunda votación. Así o establece a convocatoria electoral que acaba de publicarse e na que se detalla o calendario do proceso para elixir a futura reitora ou reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Este luns 10, tamén viron a luz as convocatorias de eleccións de representantes no claustro universitario e de representantes nas xuntas de centro e nos consellos de departamento.



