A Plataforma do Peleteiro alerta de que o novo plan mantén “os erros do Ensanche dos anos 70”
A Plataforma de Afectados de Peleteiro vén de denunciar a falta de información por parte da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e do concelleiro de Urbanismo sobre as modificacións do plan para a parcela, aprobadas o pasado 24 de outubro, que consideran “puramente de maquillaxe” e sen cambios substanciais.