O representante de A Ulla Viva, veciño de A Golada, asegura que as molestias tamén se están a percibir nas reunións sobre as futuras expropiacións que serían inevitables para levar a cabo o proxecto. Asegura que dito concello ten un 60 % de votantes do PP, e eles tamén estanse poñendo en contra deste proxecto, e maís, Gonzá asegura que entre os milleiros de manifestantes onte en Palas de Rei «había votantes e afiliados do PP». Tamén votou en falta a figura do líder dos socialistas de Galicia Jose Ramón Gómez Besteiro, o cal, afirma, non acaba de ter unha posición clara sobre a implantación de Altri no cerne de Galicia, cousa que si fixeron as Xuventudes Socialialistas, presentes na protesta.
Segundo resaltan varias asociacións, a planta de Altri producirá benzopirenos canceríxenos como resultado da queima de madeira e masa forestal, e emitirá á atmosfera, a través dunha cheminea de 75 metros de altura, xofre, óxidos de xofre, monóxido de carbono e óxido de nitróxeno, ademais de cinzas e outras partículas tóxicas. Nunha zona situada a menos dun quilómetro do Camiño Francés de Santiago. Unha ruta, polo que cada ano transitan máis de 2,5 millóns de peregrinos, e que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1993. Segundo recentes declaracións de Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, podería perder esa catalogación debido ao impacto ambiental e paisaxístico do proxecto.
Paula Prado: «Se Altri cumpre con toda a normativa medioambiental, o proxecto sairá adiante»
Ante esta situación, os detractores do proxecto están a barallar unha nova protesta para o 30 de xuño en Santiago de Compostela, coa intención de levar a súa mensaxe á capital galega e atraer aínda máis atención sobre a súa causa.
Tes a entrevista completa no seguinte enlace.