A Mancomunidade do Camiño Francés irmándase con tres municipios de Gran Canaria
Líder Redacción
9 de abril de 2026 a las 20:40
Líder Redacción
9 de abril de 2026 a las 20:40
Palas de Rei, 9 de abril de 2026 – O Castelo de Pambre, icona da Galicia Medieval, foi o escenario elexido pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para a firma do acordo de irmandamento cos municipios do Camiño de Santiago en Gran Canaria.
Quero manifestar a vontade da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camino Francés de establecer lazos de relación e amizade permanente cos Concellos de San Bartolomé de Tirajana, Tejeda e a Real Ciudad de Gáldar, en orde a un mellor coñecemento, entendemento, intercambio de experiencias e cooperación mutuas, sinala Begoña Balado, Presidenta da Mancomunidade.
Este acordo recolle, entre outros asuntos, promover intercambios culturais: Organización de eventos culturais conxuntos, como exposicións de arte, festivais de música, danza, feiras gastronómicas e outras iniciativas que se consideren convenientes para promover o coñecemento mutuo das tradicións e costumes de cada municipio.
A Presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado Conde, o Alcalde de San Bartolomé de Tirajana, Marco Aurelio Pérez Sánchez, o Alcalde de Tejeda, Francisco Juan Perera Hernández e o Alcalde de Gáldar, Teodoro Claret Sosa Monzón asinaron o documento diante de todos os representantes dos concellos do Camiño Francés en Galicia.
“Agradecemos o esforzo dos Alcaldes de Gran Canaria en desplazarse ata Galicia para a sinatura deste acordo. Despois de varias reunións telemáticas, chamada telefónicas, correos, etc, hoxe, por fin, podemos afirmar xa, que somos municipios irmáns”, recalca Begoña Balado, Presidenta da Mancomunidade.
Recibe las noticias en tu correo.