ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Estrada regulariza os pagos a provedores e recupera a habitual solvencia económica

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de abril de 2025 a las 18:55

Compartir
  • Un pleno extraordinario permitirá aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de 1.478.280 euros en facturas pendentes.
  • Con este abono o Concello da Estrada regulariza os pagos pendentes e correspondentes co exercicio 2024, tras a delicada situación que supuxo a demora no abono de fondos europeos por parte do Goberno Central.
  • Boa parte da contía correspóndese con facturas de subministro eléctrico e de servizos de Sogama.

A Estrada, 21 de abril de 2025.- O Concello da Estrada conseguiu recuperar a solvencia que viña caracterizando a súa senda económica, un camiño do que a administración municipal só se desviou cando a demora dos pagos, por parte do Goberno Central, das achegas correspondentes a proxectos financiados con fondos europeos comprometeu a estabilidade financeira e as liquidacións dos exercicios económicos 2022 e 2023. Despois dos positivos datos extraídos da liquidación do ano 2024, a Concello ten convocado para este xoves un pleno de carácter extraordinario no que se porá finalmente ao día nos pagos que estaban pendentes con provedores, por un importe de 1.478.280 euros.

A cuestión estivo sobre da mesa na comisión informativa de Facenda e Especial de Contas celebrada no noite do mércores, un encontro no que todos os grupos da corporación municipal votaron a favor dun recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte ao pago de facturas con obrigas recoñecidas. O pleno extraordinario no que se dará luz verde á ordenación destes pagos celebrarase o xoves, ás 20.30 horas.

O edil de Economía e Facenda, Alberto Blanco, sinalou que este pleno permitirá empezar a regularizar os pagos que o Concello da Estrada tiña pendentes a consecuencia da difícil situación na que entrou a administración municipal despois de teren adiantado o pago de proxectos financiados con fondos europeos e a demora no seu abono por parte do Executivo Central. Explicou que estes pagos correspóndense con facturas de 2024 ou con servizos que foron prestados ao Concello no pasado exercicio pero con entrada da correspondente factura xa neste ano.

Aínda que a lista de provedores que estaban pendentes destes abonos non é curta, certo é que unha parte importante da contía correspóndese con facturas de Naturgy nas que, por diversos motivos, non houbo conformidade por parte do Concello -o que foi demorando a súa entrada- e tamén con pagos a Sogama.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tras a aprobación en pleno, o recoñecemento extraxudicial terá que ser publicado por espazo de 15 días para a abrir o pertinente período para a presentación das alegacións que se estimen oportunas.

Etiquetas

a estradaeconomiapolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo