A Estrada dá luz verde á construción de 28 vivendas públicas que se licitarán en breve
O Concello da Estrada deu un novo paso para facer realidade a construción de 28 vivendas de promoción pública no casco urbano. O alcalde, Gonzalo Louzao, informou durante o pleno ordinario correspondente ao mes de abril de que a administración municipal xa recibiu o proxecto redactado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda (IGVS), e que este conta xa co visto bo do Concello.



