A Deputación participa na inauguración da Feira do Libro de Santiago
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá na inauguración da Feira do Libro de Santiago de Compostela, un dos principais eventos literarios de Galicia, que se celebra na Alameda compostelá e reúne durante varios días a librarías, autores e público arredor do libro e da lectura.



