Este novo éxito, sumado aos resultados que xa obtivera nas anteriores xornadas de Avila e Tarragona, fixo que fose proclamada Grand Winner de España 2024. Ademais, o seu irmán, Xoan David Parga García, que competiu en kumite júnior <61 kg, obtivo un meritorio quinto posto que o sitúa entre os mellores karatekas da sua categoría
Ames, 18 de decembro de 2024.- Esta pasada fin de semana, do 13 ao 15 de decembro, celebrouse en Pontevedra a fase final da Liga Nacional de Karate, onde participaron os oito mellores karatekas de España. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría de xuvenil <37 kg. Este novo éxito, sumado aos resultados que xa obtivera nas anteriores xornadas de Avila e Tarragona, fixo que fose proclamada Grand Winner de España 2024. Ademais, o seu irmán, Xoan David Parga García, que competiu en kumite júnior <61 kg, obtivo un meritorio quinto posto que o sitúa entre os mellores karatekas da sua categoría.
Dende o 13 ata o 15 de decembro celebrouse en Pontevedra a fase final da liga española de karate onde participaron os oito mellores karatekas de España. Nesta ocasión, Olivia Parga Garcia, que compite na categoría de xuvenil <37 kg, obtivo de novo a medalla de ouro despois de dous grandes combates contra Carla Santos Sanchez, do club Asociación Deportiva Karate San Kai, de Badajoz, á que venceu por 4-0, e contra María Vázquez Gargallo, do club CD karate La LLum Xirivella, da Comunidade Valenciana, á que venceu por un resultado de 5-1.