A Concellería de Obras de Rianxo impulsa novos asfaltados en viais municipais
As actuacións previstas levaranse a cabo nas próximas semanas en viais localizados nos núcleos de Rianxiño (Rianxo), Brión (Leiro) e A Capela (Araño). Estas consistirán fundamentalmente na renovación do firme dos viais cunha capa de mistura bituminosa en quente.